Do 6 ao 24 de febreiro a exposición "Auga para Etiopía" estará no Punto Xove, en Vigo. Ademáis, o 16 de febreiro, as 19 horas, proxectarase o documental "A Semente: Etiopía".
Implicadas/os No Desenvolvemento terá exposta "Auga para Etiopía en Vigo, no Punto Xove, dende a semana próxima ata o 24 de febreiro. No mesmo espazo terá lugar a proxección do documental "A Semente: Etiopía" o 16 de febreiro arredor das 19 horas.
A exposición Auga para Etiopía reivindica a desigualdade na xestión da auga nos países do Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de distribución e uso. Países tan secos como Arabia Saudi (100mm/ano) non experimentan problemas de auga mentres que outros moito máis vizosos, coma Etiopía (500 mm/ano), viven nunha situación de carencia permanente. A falta de investimento en infraestruturas fai que a auga non chegue á poboación.
Son as mulleres e nenas as encargadas de percorrer grandes distancias para abastecer á familia da auga que precisa para pasar o día, cargando ás costas os 25 litros que transportan por un terreo escabroso só accesible a pé ou en mula. Esta actividade que cae na responsabilidade das mulleres xunto coas restantes tarefas que deben desenvolver as mulleres ó cabo do día, coma a alimentación e coidado da familia, limpeza do fogar, atender á horta e ós animais, etc, ocasiona que non poidan dispoñer do tempo suficiente para facer uso dos seus dereitos máis esenciais, como son o ocio e tempo libre, a educación, a sanidade, a participación política, social e cultural, etc.
Esta exposición foi elaborada no marco da Campaña 'Auga para Etiopía' celebrada nos anos 2008, 2009 e 2010. Web da campaña: http://www.augaparaetiopia.org/

No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada