26 diciembre 2011

Os meus ollos, as túas mans

 Implicadas organiza a segunda edición desta actividade que mestura arte e solidariedade

O vindeiro martes 27 de decembro Implicadas realiza por segundo ano consecutivo un encontro entre o voluntariado e ilustradoras que plasmarán nos seus debuxos o traballo que as voluntarias realizan na organización. O encontro terá lugar na Casa da Xuventude de Lugo (R/ Xesús Bal e Gai s/n), en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00h. Durante esta xornada, ilustradoras e voluntariado compartirán momentos de formación e lecer co fin de poñer en común unha experiencia, unha creación, unha ilustración. O resultado desta xornada será unha exposición itinerante formada polas pezas realizadas durante esta sesión, que percorrerá  a comunidade galega baixo o título, Os meus ollos, as túas mans.