No mundo da cooperación ao desenvolvemento o inglés resulta moitas veces non só necesario, senón imprescindible, tanto para o traballo no terreo, como para as relacións coas contrapartes ou incrementar as nosas posibilidades formativas no estranxeiro, participación en congresos e cumios, etc. Sen embargo, na actualidade, non dispoñemos en Galicia de ningún curso axeitado para as necesidades específicas da cooperación. A iniciativa do Curso de Inglés para a Cooperación ao Desenvolvemento de Implicadas nace co obxectivo de cubrir esa carencia formativa. O curso está destinado a persoas con coñecementos previos de inglés interesadas en melloralos, centrándose en especial no mundo da cooperación ao desenvolvemento.
METODOLOXÍA
As sesións incluirán teoría e, fundamentalmente, práctica. O inglés será a lingua de comunicación nas clases. Os contidos do curso serán os seguintes:
METODOLOXÍA
As sesións incluirán teoría e, fundamentalmente, práctica. O inglés será a lingua de comunicación nas clases. Os contidos do curso serán os seguintes:
- As linguas non traban: como perderlle medo a falalas.
- Presentacións en público.
- Vocabulario avanzado sobre desenvolvemento, xénero, cooperación, etc.
- A comunicación coas contrapartes: redacción de cartas, correos electrónicos, conversas por teléfono, Internet, etc.
- Familiarización con informes de proxectos en inglés (traballo con documentos reais).
- Xuntanzas de traballo.
- Visitas de avaliación e seguimento de proxectos.
- Redacción de proxectos.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Para o desenvolvemento deste curso traballaremos con exercicios prácticos para o repaso, afianzamento e autoavaliación dos coñecementos adquiridos, material audiovisual e en audio e material de lectura (informes de proxecto orixinais, correspondencia real coas contrapartes, artigos xornalísticos, etc.).
DATAS E HORARIOS
O curso terá lugar do 27 xuño ao 1 de xullo, en horario de 16:00 a 20:00h. As clases, impartidas por María Reimóndez e Blanca Rodríguez (tradutoras e intérpretes profesionais e con 17 e 11 anos de experiencia na cooperación, respectivamente), terán lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
INSCRICIÓN
Prazas dispoñibles: 10. Para inscribirse e/ou solicitar información, escribir un mail a Implicadas no Desenvolvemento (info@implicadas.com). O custo da matrícula é de 150€. O prazo de matrícula remata o vindeiro 20 de xuño.

1 comentarios:
fazia com gosto, mas nessas datas e nesse horário, impossível faltar ao trabalho...
susana
Publicar un comentario en la entrada