Semella que chega o frío e o inverno e Implicadas ten un proxecto para aquelas e aqueles de vós que desfrutades dándolle á calceta: unha colcha comunitaria.
Queremos xuntar 200 cadradiños de lá para crear con eles unha colcha na que se unirán a solidariedade e as ganas de cambiar o mundo de tantas persoas como colaboren na súa elaboración. ¡Ata 200! Os cadradiños poden ser da cor e o deseño que prefirades: punto bobo, punto de arroz, con grecas, con oitos, con calados, a raias... Os único requisito son que non sexan elásticos é que midan 14 x 24 cm ¡Por fin eses refugallos de la que tes pola casa e pensabas que non valían para nada terán un bo fin!
Anímate a participar, serás máis feliz ca este michiño.

A colcha sortearase o venres 18 de febreiro, coincidindo co número do sorteo da ONCE, venderemos rifas a 2 € en todos os actos da campaña (e máis no noso local de Vigo) e os cartos obtidos irán destinados ao noso proxecto na India. Ademais, entre as persoas que participedes sortearemos un LOTAZO de produtos de Implicadas.
Para participar, só tes que calcetar o teu cadradiño (vaia, rectanguliño), metelo nun sobre cun papeliño co teu nome, teléfono e enderezo electrónico, para que contactemos contigo se gañas o sorteo e mandalo ao noso local (Avenida das Camelias, 49 interior, baixo, 36211, Vigo). Tamén podes pasar persoalmente a entregalo se vives en Vigo.
8 comentarios:
Hola!
Paréceme unha idea boísima, e encántame facer cadradiños... pero eu só de ganchillo.
Poden ser de ganchillo tamén?
Graciñas!
Por suposto que si, Merchy. Con tal de que se axuste ás medidas, non hai problema.
¡E non deixes de difundir a información entre amistades "tecedoras"! ¡Precisamos moitos cadriños!
Ola!
Xenial iniciativa, eu non sei calcetar (dencentemente :P) pero fágovos algo de publi
http://hagocosas.blogspot.com/2010/12/colaborar-con-una-ong-calcetando.html
E consígovos un par de cuadriños de miña madriña...
http://cosasdepipi.blogspot.com/
¡Estupendo Cris! Moitísimas grazas por Implicarte. Xa só falta que merques un par de rifas para ti e a túa madriña ;-)
qué rapido va creciendo la manta!!!
os llegó mi rectangulito desde barcelona??
besos
Llegó, Sonieta :-)
¡Gracias!
Y las nuestras llegaron??!!!
Felicidades por vuestro trabajo!!
Noemi y Pili desde Castellbisbal(BCN)
Acabo de ver a vosa web agora, e penso que podiades repetir a experiencia ...
Se vos animades eu podo mandarvos algún cadradiño,ou podiades facer unha quedada de calceta a nivel galego e facer outra mantiña...
Momo, Lugo
Publicar un comentario en la entrada