O vindeiro martes 23 de novembro ás 21.00, Implicadas no Desenvolvemento presenta no Meson do Forno (R/ Río Ser nº 12, Lugo) a exposición "Os meus ollos, as túas mans", que pretende plasmar a visión da cooperación a través dos ollos do noso voluntariado e das mans de ilustradores e ilustradoras galegas.
As obras que se expoñen, xurdiron dunha fin de semana de convivencia e intercambio na que @s artistas coñeceron e afondaron nas experiencias do voluntariado no seu traballo en Implicadas, tanto en Galicia como na India, así como as súas impresións e reflexións sobre temas como a cooperación ao desenvolvemento, a pobreza, a desigualdade Norte-Sur e de xénero...
A exposición estará na cidade de Lugo durante un mes e, a seguir, iniciará un roteiro por diversas vilas galegas. Poñede atención ao calendario da páxina www.200implicadas.com para coñecer as datas e lugares! Irémolas publicando a medida que estean confirmadas.
A entrada á inauguración é libre, agardámosvos alí. Non faltedes!
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada