A exposición "Maquila Boutique" volve a Vigo. A mostra reúne traballos dunha serie de artistas plásticas que denuncian coas súas obras a situación na que viven milleiros de mulleres de todo o mundo que traballan en condicións de precariedade laboral neste tipo de empresas. A exposición configúrase como unha instalación a modo de tenda de roupa na que se expoñen quince pezas creadas a partir de prendas de vestir usadas pertencentes a compañías sobre as que existen informes de explotación laboral nos países do Sur. Xunto con elas exporanse paneis con información sobre a explotación na industria téxtil e posibles alternativas para xerar ingresos, entre elas o microcrédito, tamén inclúense estudos de caso que contan a situación de diferentes traballadoras e relatos de beneficiarias dos grupos de aforro que apoia IND na India e Etiopía. Ademáis dos paneis informativos, na exposición tamén hai tres paneis con poemas do libro Moda Galega de María Reimóndez.
As artistas participantes na exposición son: Almudena Fernández Fariña, Andrea Costas, Berta Cáccamo, Carme Nogueira, Carmen Suárez, Itziar Ezquieta, Mar Caldas, Las Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara García), Renata Otero, Rosalía Pazo Maside.
A exposición estará dende o 6 ao 17 de xullo na Casa da Xuventude (Rúa López Mora, nº 31)
Horario: De luns a venres de 10 a 14h e de 17 a 19.30.
02 julio 2009
Exposición "Maquila Boutique" en Vigo
Escrito por
Implicadas/os no Desenvolvemento
ás
7:56 PM
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada