10 junio 2009

O Camiño da Auga recorre este sábado as rúas de Lugo

Tal como aconteceu hai agora un ano nas rúas de Compostela, Implicadas/os No Desenvolvemento leva o problema do abastecemento de auga en Etiopía, e en toda África, ás rúas galegas. Desta vez, facendo que O Camiño da Auga recorra a muralla luguesa e as rúas da cidade. A do sábado día 13 será unha mañá, de reivindicación e sensibilización, pero tamén de diversión. O programa transcorrerá como indicamos a seguir


11.00 h. Chegada das autoridades públicas convidadas. Recibiraas María Reimóncez, en representación de Implicadas No Desenvolvemento, no adro da catedral.

11.30 h. Comeza o percorrido pola muralla e as rúas de Lugo carrexando as mesmas garrafas que utilizan as mulleres etíopes, cheas de auga, que irán pasando de persoa a persoa por quendas, xa que se animará ao público presente a unirse ao camiño da auga. O percorrido será o seguinte.

Porta de Santiago >> A Mosqueira >> Campo Castelo >> Rúa de San Pedro >> Rúa Xoán Montes >> Rúa da Raíña >> Praza Maior

No percorrido contaremos, entre outras, con:
  • Carmen Basadre, Concelleira de Muller e Benestar
  • Pilocha, cantante
  • Blanca Rodríguez Pazos, Delegada de Vicepresidencia e Benestar Social
  • Lucía López Bayo, xornalista
  • María Reimóndez, escritora e presidenta de Implicadas
  • Pilar Neira, presidenta de Mulleres Deportistas Galegas e Seleccionadora galega de fútbol
  • Iria González-Dopeso, deportista paralímpica
  • Asociación contra a Violencia de Xénero Enriqueta Otero
  • A Cova da Terra

12.00 h. Comezan as actividades de animación de rúa na Praza Maior organizadas polas asociacións ATEIBO e María Castaña: xogos, obradoiro de globoflexia, distribución de folletos, etc.

13.00 h. Chegada do Camiño á Praza Maior e lectura do manifesto.

Agardamos contar con todas e todos vós nesta xornada, tan importante para Implicadas.
Máis información en www.augaparaetiopia.org