O ciclo “Norte-Sur, o xénero no centro”, inaugurado por Implicadas o pasado mes de abril, continúa a súa andaina traendo algunhas desas voces que traballan a diario na cooperación e fomentando a construción de redes e camiños de intercambio de traballo e coñecemento neste ano que Implicadas dedica ao xénero.
Seguindo co esforzo realizado por Implicadas para achegar a Galicia as voces do Sur, contaremos a partir do día 11 coa presenza de Mohammed Hussein quen se iniciou no mundo da cooperación traballando nas ONG do seu país, Etiopía, así como co traballo que desenvolveu en WSA (contraparte de Implicadas) a través do cal trabou contacto con Implicadas, organización para a que traballa dende hai máis dun ano, como representante no país e enlace coas contrapartes.
“Norte-Sur, o xénero no centro”, trata de promover unha reflexión e acción crítica na cidadanía galega en torno ás interaccións xénero e pobreza dunha maneira global e interactiva na que a cidadanía teña a posibilidade de adquirir coñecementos pero tamén de expresarse dunha maneira máis pública. O ciclo de conferencias comprende ademais outras actividades complementarias, como a colocación de “tendais” onde se colgarán os “trapos sucios” do xénero e a pobreza (tarxetóns nos que as/os participantes nas conferencias poderán escribir preguntas, reflexións, desexos, propósitos, etc.) e que constituirán o material de traballo do colectivo de mulleres artistas para a elaboración de creacións con conciencia e mensaxe. A participación nas actividades pretende actuar de catalizador para espallar a mensaxe crítica e contribuír ao obxectivo xeral.
Mohammed Hussein
O papel dos homes na loita pola igualdade: Achegas do Sur
Homes galegos pola igualdade
O papel dos homes na loita pola igualdade: Achegas do Norte
Seguindo co esforzo realizado por Implicadas para achegar a Galicia as voces do Sur, contaremos a partir do día 11 coa presenza de Mohammed Hussein quen se iniciou no mundo da cooperación traballando nas ONG do seu país, Etiopía, así como co traballo que desenvolveu en WSA (contraparte de Implicadas) a través do cal trabou contacto con Implicadas, organización para a que traballa dende hai máis dun ano, como representante no país e enlace coas contrapartes.“Norte-Sur, o xénero no centro”, trata de promover unha reflexión e acción crítica na cidadanía galega en torno ás interaccións xénero e pobreza dunha maneira global e interactiva na que a cidadanía teña a posibilidade de adquirir coñecementos pero tamén de expresarse dunha maneira máis pública. O ciclo de conferencias comprende ademais outras actividades complementarias, como a colocación de “tendais” onde se colgarán os “trapos sucios” do xénero e a pobreza (tarxetóns nos que as/os participantes nas conferencias poderán escribir preguntas, reflexións, desexos, propósitos, etc.) e que constituirán o material de traballo do colectivo de mulleres artistas para a elaboración de creacións con conciencia e mensaxe. A participación nas actividades pretende actuar de catalizador para espallar a mensaxe crítica e contribuír ao obxectivo xeral.
Mohammed Hussein
O papel dos homes na loita pola igualdade: Achegas do Sur
- 12 de maio , Vigo, Centro Cultural Caixanova, 20h
- 13 de maio, Vigo, Facultade de Filoloxía e Tradución, 12h
- 14 de maio, Santiago, Club de prensa, 20h (conferencia conxunta con Homes galegos pola igualdade)
- 15 de maio, Ferrol, 19.30h, Salón de actos do Edificio Social
Homes galegos pola igualdade
O papel dos homes na loita pola igualdade: Achegas do Norte
- 14 de maio, Santiago, Club Internacional de Prensa, 20h (conferencia conxunta con Mohammed Hussein)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada