27 marzo 2009

Terceira edición do ciclo formativo Vanakkam!

Que é o Vanakkam?

O Vanakkam (palabra tamil para dar a benvida) é un programa formativo sobre a cooperación ao desenvolvemento que realiza Implicadas cuxa posta en práctica consiste nunha fase formativa en Galicia coa posibilidade de viaxar as proxectos de desenvolvemento que IND apoia no estado de Tamil Nadu, na India. Vanakkam pretende dar a coñecer de forma directa o traballo xeral de Implicadas e, en concreto, os resultados dos nosos proxectos de desenvolvemento integral en Karaikal (zona afectada pola tsunami do 2004) e en Tiruchy, así como o proxecto contra o infanticidio feminino de Salem. O obxectivo é cambiar a nosa mentalidade e aprender das mulleres, homes e nenas/os dos suburbios que fan enormes esforzos co apoio da nosa contraparte, PDI, para cambiar as súas vidas.

Como se estrutura?
O Vanakkam é un
programa que consta de dúas partes: un curso de formación sobre cooperación ao desenvolvemento e sobre o proxecto, que se levará a cabo aquí en Galicia, e dúas semanas no terreo, coñecendo o traballo no proxecto de Tiruchy en Tamil Nadu (India). O ciclo formativo en Galicia terá lugar en sábados en Santiago de Compostela.

Cómpre salientar, ademais, que contaremos coa presenza (en tres sesións distintas) de Zinash Bezabih, Mohammed Hussein e Sheela Vincent, os tres responsables dos proxectos de Implicadas na India e Etiopía

a) Presentación do programa
Nestas presentacións explicarase en qué consite o programa, proxectarase un audiovisual que narra a experiencia do ano 2007 responderase a tódalas preguntas que xurdan. Aquelas persoas que desexen formalizar a súa preinscrición tamén o poderán facer no momento.
  • Xoves 2 de abril, 20.00 LUGO: Colexio Divina Pastora (Praza Milagrosa nº 10)
  • Venres 3 de abril, 20.00 horas, VIGO: Local de Implicadas (Rúa das Camelias, 49, escaleira)
  • Venres 3 de abril, 20.00, SANTIAGO DE COMPOSTELA: Modus Vivendi (Praza Feixoó, 1)
b) Visita aos proxectos de IND na India
Ademais do ciclo formativo en Galicia existe
a posibilidade de que 10 das persoas que o completen visiten os proxectos en Tamil Nadu e completen a súa formación sobre o terreo. A visita farase a cargo da coordinadora e as/os participantes terán que sufragar os gastos de desprazamento. Será requisito indispensable realizar o ciclo formativo COMPLETO en Galicia para poder continuar a formación no proxecto.

c) Avaliación e continuidade
Ao regreso da visita ao proxecto e tamén para as persoa
s que só realizaron o ciclo formativo en Galicia realizarase unha sesión de avaliación do programa e tamén se verá a posibilidade de implicación das persoas formadas na difusión dos resultados dos proxectos en Tamil Nadu e do traballo de Implicadas en xeral.

Onde se celebra?
As sesións do ciclo formativo
celebraranse en Santiago de Compostela, no centro Xuvenil Don Bosco (Rúa Belvís, 2. Barrio de San Pedro).

Cal é o prazo de inscrición?
O prazo está aberto até o vindeiro luns 20 de abril.


Canto custa o curso?

As persoas que non sexan socias/os ou voluntarias/os de IND deberán aboar 50€ en concepto de matrícula. Para socias/os e voluntarias/os en activo o curso é gratis.


Como podo anotarme?
Podes inscribirte facilitando os teus datos persoais de diferentes xeitos:
  • Escribindo un correo electrónico a info@implicadas.org cos teus datos persoais
  • Chamando ao local de Implicadas (886 11 19 11) ou á coordinadora do curso Blanca Rodríguez (655 104 179) e deixando os teus datos persoais
  • Acudir persoalmente ao noso local (Rúa das Camelias, 49, escaleira) e dar os teus datos persoais.
  • En calquera das presentacións do ciclo en Lugo, Vigo ou Santiago
Lembra que...
Este curso de formación, igual que todos os de IND, está pensado de xeito interactivo, dinámico e participativo, de xeito que as persoas que participen nel non sexan meras receptoras de información, senón parte activa do mesmo, que integren os novos coñecementos e acheguen as súas opinións e ideas.
Tamén debes lembrar que non se trata dun programa de viaxes ou vacacións solidarias: as persoas que viaxen aos proxectos farano para aprender, non para traballar neles.

Máis información
Local de Implicadas 886 11 19 11, Blanca Rodríguez, coordinadora do curso Vanakkam
655 104179 e info@implicadas.org