Baixo o lema "Móvete con Implicadas", o grupo de voluntariado de Santiago de Compostela inicia unha serie de concertos e espectáculos solidarios que terán por obxectivo visibilizar e poñer de manifesto a presenza e o traballo da organización nesta cidade.
Deste xeito, Implicadas trata de chegar a un público máis xenérico que precisa dunha oferta cultural diversificada para dar resposta ás inquedanzas de todas aquelas persoas que sinten a necesidade de estar en contacto e coñecer outros xeitos de entender a sociedade, o reparto de roles desde a perspectiva de xénero e a loita contra as desigualdades sociais.
Neste ciclo de concertos e espectáculos participarán artistas de diferentes disciplinas e estilos musicais, dun xeito absolutamente altruísta, e os beneficios recadados serán destinados íntegramente aos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que IND está a levar a cabo en diferentes lugares da India e de Etiopía.
A primeira cita será o xoves 2 de abril, ás 21:00h na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21). A entrada solidaria terá un custo de 2 euros.

4 comentarios:
q ganas!!! :)
Un saudinhO.
e que ben estivooo!! queremos máis, ánimo ese grupo de santiago, sodes estupendas!
si!!!
Sodes unhas chungas, aproveitando a montar carallada cando eu non podo ir. Xa me vingarei, xa... :-D
Publicar un comentario en la entrada