Implicadas/os no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Na filosofía Implicadas defende:
- Que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres.
- Que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio.
- Que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación e por iso traballamos para superar primeiro a discriminación que padecemos as mulleres.
Na acción Implicadas:
- Traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento.
- Abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito.
- Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada