26 marzo 2008

Olga Castro inaugura o ciclo de conferencias mensuais que Implicadas presenta no seu local de Vigo

¿Queres saber por que o xénero é un dos factores fundamentais nos proxectos de Implicadas/os No Desenvolvemento? ¿Interésache coñecer ao director de PDI, a contraparte de Implicadas/os na India, e aprender máis sobre o noso proxecto conxunto de desenvolvemento urbano en Tiruchy? ¿Queres saber como funciona o proxecto de PDI para o control e a prevención da SIDA en Tamil Nadu, India? ¿Queres aprender cal é o papel que desempeñan os Tratados de Libre Comercio en Centroamérica na perpetuación das desigualdades entre Norte e Sur? ¿Queres afondar os teus coñecementos sobre débeda externa, economía alternativa, consumo responsable e axuda ao desenvolvemento? ¿Interésache saber como traballa o voluntariado de Implicadas?

Durante este ciclo de conferencias aprenderás isto e moito máis. A sesión que, co título "Xénero e desenvolvemento", inaugura o ciclo celebrarase no noso local da Rúa Camelias (nº 49, escaleira) o vindeiro xoves 27 de marzo ás 19.30 e correrá a cargo de Olga Castro, activista do feminismo e experta en xénero, ademais de coordinadora do gabinete de prensa de IND.

O calendario para os vindeiros meses é o seguinte: