Este ano como facemos 10 anos de traballo por un mundo diferente que non terían sido posible sen a vosa colaboración constante. 2008 vai ser un ano fundamental para a nosa organización, ademais de por esta celebración porque toca revisar onde estamos e onde queremos chegar nos próximos cinco anos. É hora de revisar e poñer en marcha unha nova PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA. Este é un documento fundamental que nos axuda a ver o que imos conseguindo, o que queda por facer, como cambiamos e que impacto imos tendo na sociedade, no norte e no sur.
Para comezar este proceso imos realizar unha xuntanza a fin de semana do 25 ao 27 de xaneiro no Museo Histórico de Sargadelos, en Cervo (Mariña de Lugo). A participación de todas (voluntarias/os, socias/os, simpatizantes, colaboradoras/es) é fundamental e para iso Implicadas correrá cos gastos de desprazamento (organizaremos coches dende Vigo, Santiago e Lugo) e proporcionará o aloxamento que nos cede a Consellería de Cultura no propio museo. Durante a fin de semana traballaremos en talleres que facilitarán integrantes da directiva e persoal de Implicadas e tamén teremos tempo para a diversión e a convivencia. TEDES QUE ESTAR!
Precisamos que confirmedes antes do día 22 ás 14.00 horas a vosa asistencia a esta fin de semana de traballo e tamén de convivencia, de tomar enerxías e de coñecernos un pouco máis.
Apertas 10x10 IMPLICADAS

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada